Visitas

jueves, 13 de marzo de 2014

Polémica no ENTROIDO

Cando xa moitos se atopan pensando de qué disfrazarse para o próximo entroido, a polémica segue coleando entre os participantes deste ano...

Como o ano pasado, e a pesar de chover a gusto durante o Entroido con suspensión do desfile o martes e traslado do mesmo ó domingo de piñata, non choveu a gusto de todos.

Desde o meu punto de vista, nun concurso deste tipo non participas nin te esmeras en facer un disfraz co fin de gañar cartos, entendo que si o fas, é por disfrutar da festa, porque che gusta o Entroido e si elo vai acompañado dalgún premio que axude a pagar unha cea entre tódolos participantes, benvido sea. Poda que me equivoque nas expectativas que se xeneran entre as comparsas...non sei.

Podedes ver a Acta do Xurado no seguinte enlace: PINCHA AQUÍ

Tamén podedes ver o enlace da noticia de COPE Carballiño e os numerosos comentarios: PINCHA AQUÍ

De todas formas, quen teña opinión pode dala, así como ideas de qué cambiar no futuro e cómo levar a cabo o reparto de premios e a votación para os mesmos...

Impresionante Perla Negra de Parada de Amoeiro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario