Visitas

jueves, 20 de febrero de 2014

Pola DIGNIDADE dunha SOCIEDADE

Hoxe xoves, 20 de Febreiro, uns cantos mozos e mozas da vila sairán á rúa para manifestarse contra a LOMCE -Lei de Educación do Ministro WERT- e da opresión do actual Goberno. Nesta nosa vila, os actos de este tipo son vistos dende a distancia pola maioría das persoas, nembargantes, en min, espertan certa admiración por estes mozos. Si pinchades no seguinte enace podedes ollar o seu posicionamento para o día de mañá e as súas reivindicacións...(ENLACE AQUÍ).

Fanse chamar Estudiantes sen Futuro (EsF), pero, persoalmente, non dubido de que van ter moito futuro nun tempo non moi lonxano, salvo que me equivoque e a mirada atrás dentro duns anos me faga recoñece-lo erro...ogallá non sexa así.

Cando eu era máis novo, e non son vello, pero falo de retroceder media vida, xa había folgas estudiantís, pero as mesmas non pasaban da non asistencia a clase ou, como moito a ir e marchar para o Chamanna...non sabíamos máis; moitos dos que pasarán indiferentes mañá pola Praza Maior, calificarán de tolos a estes mozos, ou pensarán ¿para qué, tanto barullo? pero non deixan de ser o futuro. Poderáse estar máis ou menos dacordo coas súas ideas -que non deixan de ser puntos de vista en pañales no referente á vida- nin coas súas formas, pero o que sí é certo é que se lles debe recoñecer a valentía de sair á rúa e defender o que creen que é unha inxustiza, frente á actuación de persoas adultas, un GOBERNO, ó que non elexiron, pero do que van a recibir máis ben pouco no seu futuro e como consecuencia, os un pouco máis vellos, aínda recibiremos menos.

Oxalá algún político/representante se dignara a asistir á manifestación, os dun lado a ofrecer e explicar alternativas e os do outro a defende-las actuais políticas, uns e outros si teñen real coñecemento claro¡¡¡

Mentres tanto, eu, que non votei a este GOBERNO, eu, no que estes mozos e mozas espertan certo sentimento afín ó alzamento fronte ó que creemos un desmantelamento do noso modelo social, no meu caso, o único que coñezo, que creía mellorable, pero sobre os pilares recoñecibles como eran, SANIDADE e EDUCACIÓN, pilares que facían aumentar progresivamente a calidade do noso benestar social ó crear un futuro con recursos humáns mellor preparados, con traballos máis cualificados que creasen un maior valor engadido á sociedade, e que permitían, tras unha vida adicada a loitar por mellorar ese modelo, remata-los últimos días nunhas condicións cada vez máis dignas. Todo eso creo que é o que se está tirando pola borda, baixo a excusa dunha crise creada polos mesmos que nos deben sacar dela. Si eso non é o colmo da ignorancia, non sei qué pode ser. 

Mañá UNIREIME si as miñas obrigas laborais mo permiten a esta manifestación, porque non deixa de ser eso, a expresión do noso sentir individual disconforme co que estamos a vivir e moitos a sufrir, non un acto de xente nova a berro pelado, oxalá esto sexa o menos que suceda.

Por último teño claro cal sería a mellor solución para esta crise non económica, senón de PRINCIPIOS, os que perdeu, en primeiro lugar, toda a clase política ou a inmensa maioría de quenes a conforman; non é outra que pasa por facer unha boa limpia e recompoñe-lo mapa político cunhas eleccións en tódolos ámbitos territoriais e impedindo a candidatura -por LEI, seguro que apoiada por unha inmensa maioría da sociedade- de persoas que desempeñaran algún cargo político durante os últimos 10 anos, así como limitando tódalas contratacións dunha administración pública ó tempo que dure no cargo o responsable político de dita contratación. (É unha proposta de tantas, pero é unha proposta que solucionaría moitos dos actuais problemas que temos na sociedade: Enchufismo, caciquismo, amiguismo, etc).

FORZA RAPACES E RAPAZAS
ogallá poidades pagarme a xubilación e eu vervos chegar á vosa¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario