Visitas

viernes, 18 de julio de 2014

Deuda pública

Entre onte e hoxe, en varios xornais de ámbito autonómico e estatal, puden ler varios artigos referentes á "Débeda Pública do Reino de España". Ó parecer alcanzou un máximo histórico, o 96,8% do PIB, en euros, 989.925 millóns, casi 1 BILLÓN. Esto, a groso modo ven a dicirnos que cada español tocamos a casi 21.000€; en términos productivos estatais, teríamos que adicar o que producimos nun ano para pagala, sin comer, sin pagar facturas, etc...

A cifra do 96,8% supón un incremento de 26 puntos durante a lexislatura de Mariano Rajoy, debendo 260.000 millóns de euros máis...resultado de...como a maoría sabe, rescatar á banca e CCAA sin entrar en moito detalle. Dito rescate será pagado por tódolos españoles, durante anos, pero detrás de todo eso non se nos poden escapar as responsabilidades, que algunha terá que haber...pois ó parecer non. Si alguén viu a algún cargo público, do organismo que sexa, dimitir ou responsabilizarse do mismo que avise. Non é que a xente se empeñara por riba das súas posibilidades, polo menos non máis que o que se podería considerar habitual en calquer momento da historia recente fóra de calquer crise...


As puntualizacións que me gustaría facer serían as seguintes: 

1. Gobernase quen gobernase, probablemente o rescate da banca teríase que realizar polo efecto que suporía nos mercados micro e macroeconómicamente falando.

2. A forma cómo afrontar a mesma sí sería o que cambiaría, así cómo a depuración de responsabilidades; non se pode rescatar unha entidade con cartos públicos e que a propiedade da mesma siga sendo privada, ou, como mal menor, se venda por debaixo do custo de rescate. No seu lugar, a tarta repártese entre os amigos.

3. Calquer economía -dende a doméstica á nacional- endéudase coa intención de acadar bens que poderá pagar coas súas rentas, ou para obter un beneficio. No caso español, nin unha cousa nin outra, por un lado os bens mercados -bancos- non están a beneficiar o benestar dos individuos, nin van dar un beneficio que repercuta na sociedade, pois as ventas estanse a facer por debaixo do prezo de compra.


Como resultado, temos unha débeda estatal que se acerca ó 100% do PIB, algo que limitará o marxen para aplicar unha resposta adecuada para unha pronta recuperación económica, que chegará, seguro, pero levará máis tempo. Esta débeda é similar en porcentaxe á de Inglaterra ou Francia, e inferior a de Xapón, EEUU ou Italia, o que pode dar que pensar é a capacidade que a sociedade española terá no futuro para pagala fronte as capacidades destes outros países: Paro, estructura sectorial estatal, educación...desde o meu punto de vista estamos sacrificando o corto e largo plazo, cando penso se debería sacrificar máis o corto plazo para ter un mellor medio e largo plazo. 


Pode ser que estemos deixando pasar a oportunidade de cambiar a nosa estructura social para dar un mellor futuro a quen veña detrás, a costa de non baixar o nivel de benestar actual. Forte, si, pero así o creo, desde logo creo que un pai quere o mellor para os seus fillos, como así teño que agradecer ós meus, pero cada certo tempo, uns pais deben sacrificarse polos seus fillos...en resumen a economía son ciclos.


Máis info nos seguintes enlaces:



Deuda Internacional: http://www.datosmacro.com/deuda

1 comentario:

  1. Deberías estar atento a esta nova e publicar a evolución aos primeros meses de 2015 cando seca posible e telas datos

    ResponderEliminar