Visitas

miércoles, 18 de junio de 2014

Problemas varios do Carballiño...

Non se sabe ben si por incapacidade, desidia ou imposibilidade técnica, legal ou económica, o Carballiño e os seus veciños están a sufrir diferentes males, de diferentes índoles entre os que podemos citar:

Remendos da Diputación
1. Estado ruinoso dos viais da vila, problema sin solucionar por parte do Concello, Diputación, Xunta ou Estado según o caso, o único que se leva feito, de momento, foi tapar con remendos os máis importantes, algo que non durará moito e volverá ocasionar problemas antes de que termine o verán; non debe ser unha cuestión prioritaria...PINCHA AQUÍ

2. Limpeza dos viais, sobre todo no ámbito rural, problema sin solucionar, logo levamos os sustos e instan ós veciños a limpa-las súas propiedades para evitar lumes, non debe ser unha cuestión prioritaria...

3. Escola Municial de Fútbol, a día de hoxe non sabemos si seguirá sendo pública, privada ou unha cousa e outra; faga o que se faga será sin consultar ós usuarios, nin concensuar unha decisión. Si todo acaba como parece, unha entidade privada, recibirá unha cantidade de diñeiro público, a maiores da que recibe para xestionar a competición...

4. As piscinas municipais pechadas...

Ruta do Arenteiro
5. O Parque Municipal e as rutas próximas a él en estado calamitoso tras anunciar a creación dunha brigada exclusiva para o seu coidado, unha de dúas, ou son poucos na brigada, ou non teñen medios para facer a súa laboura...

6. Os presupostos municipais sin presentar por xa non sei cantas veces consecutivas, tres penso, e sin cumprir os prazos establecidos legalemente para unha situación de normalidade institucional, tomando a fórmula de prorrogar os do ano anterior, algo lamentable nunha xestión pública para dar mostras de seguridade e claridade na toma de decisións...


Parque de Bombeiros pechado
7. O Parque de Bombeiros sin abrir...PINCHA AQUÍ

8. O Matadoiro Municipal, desaparecido...

9. A Veracruz sin un mantemento anual a realizar para a súa conservación...

10. O Xulgado pendente de desaparición si o Ministro non cambia, ou o fan cambiar de idea...

Residencia 3ª Idade
11. Residencia da 3ª Idade do Cornuval, pechada e sin data de apertura...PINCHA AQUÍ

En fin, as cousas pendentes ou sin facer, penso que superan ás feitas...cada un que se queixe do que queira e sexa consecuente co seu voto, pasado e futuro...e digo eu, ¿qué será o prioritario?

No hay comentarios:

Publicar un comentario