Visitas

jueves, 18 de septiembre de 2014

San Cibrao 2014


Tristes festas están sendo as do San Cibrao este ano. En orixen festas patronais de profundo sentir relixioso, son cada vez máis, un fin de festa do verán que cada ano vai a menos...

A realidade económica da vila, así como a falta de compromiso entre Concello e hosteleiros por senta-las bases do atractivo turístico que antaño tiña a nosa vila para tentar revitalizar o que en sí era a principal industria do Carballiño, fan que estas festas sexan cada vez máis minúsculas de non ser pola aparatosidade das atraccións, tómbolas e demáis feirantes.

Hai que recoñecer, que a esta situación, este ano, tampouco acompaña o tempo, igual ca na Festa do Pulpo, parecendo que o tempo tampouco está conforme coa preparación dos eventos...

Este ano, as atraccións voltaban ó centro da vila para dar unha imaxen máis festiva, obxetivo conseguido, polo menos cando o tempo o permitiu, así e todo, non creo que os espacios ocupados fosen os máis adecuados, vemos como, por exemplo, a Praza dos Irmáns Prieto está casi intransitable, co curso xa comenzado, ou a rotonda está inutilizada ou inundada de xente e coches que acceden ou saen do parking, algo pouco seguro e desde logo dando unha imaxen de desorden. Finalmente quédanos por saber cómo transcurrirá o espectáculo da Panorama na nova Praza da Veracruz e os efectos que sobre o monumento poden causar os potentes equipos de son...o lugar dende logo é idóneo para o concerto, ahora ben, ¿calibráronse as posibles consecuencias?


A cuestión dos espacios é un tema complexo, dado que hai que xogar con múltiples inconvintes e condicionantes entre negocios, garaxes, plan de emerxencias, etc. Así e todo, cabilando un chisco e buscando esa concentración que acompañe ó ambiente de festa, sin olvidarnos de repartir un chisco actuacións, chiringuitos, tómbolas, feirantes, etc, qué vos parece a seguinte proposta pensando no 2015:

1. O primeiro de todo sería abrir contas nas diferentes entidades nas que os cidadáns ó longo do ano poidan facer aportacións para as festas de forma voluntaria. 

2. Logo as ubicacións:


  • As atraccións necesitan un entorno cómodo, llano e no que a circulación da xente e a visibilidade das atraccións sexa un reclamo, ben para pasear, ben para ser usuarios das mesmas. Para esto eu penso que a rúa Calvo Sotelo podería adaptarse a tal fin, dende o cruce de Ribadavia, ata a Biblioteca, permitindo a circulación cara a Avenida pola baixada do Capri. Recoñezo a existencia de garaxes nesa rúa, pero ou ben se pediría un esforzo ós propietarios, ou ben se colocarían as atraccións de tal xeito que posibilitaran a entrada e saída polo menos a unhas determinadas horas...
  • Os concertos ou orquestas.
    Como indicaba anteriormente, a crise limita as posibilidades económicas de toda organización, pero como moitos críticos din dos últimos anos, a oferta no Carballiño está sendo a mesma que vilas máis pequenas, cunha suposta capacidade económica inferior á do Carballiño. Penso que O Carballiño debería optar como mínimo a un concerto dalgún artista recoñecido e que sexa capaz de meter xente na vila; logo que non falten as dúas ou tres mellores orquestas de Galicia según os días. Neste senso, penso que se debe seguir apoiando ós grupos locais de música incentivando a súa creatividade con recompensas económicas según os apoios que reciban do público. Por último, as bandas de música e os gaiteiros, así como as charangas, non deben faltar, e deben chegar a tódalas rúas da vila en maior ou menor medida. Como posibles localizacións para cada un destas actuacións propoño: Bandas, luns e martes (14 e 15) polas rúas e pechando con concertos na Plaza Irmáns Prieto no anfiteatro da Veracruz e na Praza Emilia Pardo Bazán; dúas orquestas o 16, unha na Plaza do San Ramón e outra no cruce de Ribadavia; 17, sesión de fogos e a mellor orquesta do momento na Praza da Veracruz; 18, venres, sesión de fogos e concerto de grupos locais na Pista Roxa...e finalmente, o sábado, actuación dun artista de renome no momento.
  • As tómbolas e demáis chiringuitos poderíanse repartir a redor da Alameda, os postos máis pequenos e na rúa Cesáreo Tizón ata o cruce de Ribadavia...


Como digo, é tan só unha proposta, e todo é mellorable e criticable, deste ano xa non cabe esperar moito máis dado a climatoloxía que temos, polo que xa podemos poñernos a pensar nas do ano que ben, ánimo...





No hay comentarios:

Publicar un comentario