Visitas

martes, 4 de noviembre de 2014

130 reflexións, 130 razóns...

Hai uns días topei o programa que o actual goberno municipal presentou á cidadanía vai facer 4 anos, no que se recollían 130 propostas, ordeadas por prioridades...

Facendo un esforzo, vou comentalas...

PRIORIDADE I: EMPREGO E PROMOCIÓN ECONÓMICA

EIXE I: Plan de Emprego Municipal.
001: Creación do Centro Municipal de Formación para o Emprego. Inexistente.
002: Dotación do Fondo Municipal de Emprego. Inexistente.
003: Asesoramento e orientación laboral individualizada para os demandantes de emprego. Sei dalgún caso, no que a persoa que orientaba non estaba preparada para elo, e o asesoramiento reducíase a enumerar os estudos e cursos que tiñan os desempregados...sin máis. Nulo ou pouco productivo.
004: Recualificación laboral para parados de longa duración, muy bonita frase, pero non é unha competencia local.
005: Liñas de apoio ás iniciativas emprendedoras...¿liñas?¿u-las liñas?
006: Creación do "Centro de Emprendedores e Iniciativas Empresariais"...debe estar no mesmo limbo que o Centro Municipal de Formación do punto 001.
007: Simplificación dos trámites administrativos municipais para a creación de empresas...¿qué trámites para crear unha empresa se fan no Concello?
008: Ampliación dos módulos profesionais nos institutos para adaptar a oferta á demanda do mercado. Esto non é competencia do Concello igual que o punto 004.
009: Plans municipais de apoio ás iniciativas emprendedoras lideradas por persoas con discapacidade. Integración laboral destas persoas. Inexistentes plans.
010: Desenvolvemento de políticas que potencien o emprego protexido e a estabilidade de centros especiais de emprego e empresas de inserción. ¿Políticas? esto non se concretou...fume.
011: Compromiso coa integración laboral de persoas con discapacidade: O Concello como referente na integración. Penso que non hai ningún traballador novo no Concello que se poida encadrar no perfil.
012: Convenio coas asociacións de discapacitados para o desenvolvemento de traballos medioambientais. Esto si, penso que se fixo co tema das papeleras que duraron enteiras unha semana en diferentes puntos da vila...
013: Promoción da mobilidade internacional e a aprendizaxe de idiomas para os xóvenes. Si por mobilidade e aprendizaxe se entende ir pasar unha semana de paseo por Irlanda, vale, aceptamos pulpo como animal de compañía como di un coñecido meu, pero non creo que se acaden resultados positivos de cara ós obxectivos...

EIXE II: Estratexia 2011-2015 para a dinamización dos sectores prioritarios da economía local.
014: Cesión de terreo para o Centro Empresarial da Área Industrial do Carballiño. Inexistente.
015: Xeración de máis sólo industrial. Sobra o que temos aínda sen construir...
016: Creación do Centro de Negocios. Debía estar no Centro Empresarial do punto 014.
017: Relanzamento da Praza de Abastos coa incorporación de zona de aparcamento, zona de ocio e esparcemento. Debéronse facer meros arranzos...pero nada na dirección dun pequeno centro comercial ou mercado como se están pondo en valor nas capitais...
018: Impulso ó Comercio e Centro Comercial Aberto. Neste punto sí se percibiu unha certa sinerxia, quédame a duda si pola propia actividade dos comerciantes, ou polas facilidades e ideas do Concello.
019: Creación do Patronato da Festa do Pulpo. Inexistente, e de existir, de funcionamento descoñecido porque nin na páxina da Festa do Pulpo aparece...
020: Obtención da declaración de "producto de calidade" para o Pulpo á feira do Carballiño...non o sei ó 100%, pero non me sona en absoluto...
021: Posta en marcha o Instituto Termal de Galicia; unha lexislatura máis, sin continente nin contido...

EIXE III: Axenda Local para o Estímulo da Economía.
022: Impulso do Patronato de Turismo. Penso que a realidade é que se disolveu; de non ser certa esta información, o seu uso é nulo.
023: Impulso á organización de feiras temáticas para o impulso dos sectores productivos da comarca. Penso que non se fixo nin a primeira, fóra das de artesanía que se fai cada segundo domingo de mes...eso non é unha feira de exaltación dos productos da Comarca.
024: Potenciación do camping como estímulo para o turismo interior. Creación da Área de estacionamento de caravanas. Pasaron os veráns nos que ás veces se vía unha caravana...outras, chegaban e non topaban a ninguén na entrada do camping e tiñan que esperar, porque por non haber, nin había un número ó que chamar, ou vir a Policía abrir...
025: Apertura da residencia do Tempo Libre todo o ano, tararí que te vi...como o matadoiro.
026: O comercio local: o primeiro proveedor do Concello. Descoñezo o dato, o que si sei é de establecementos de que nin locos lle venden por medo a non cobrar...
027: Constitución da "oficina do consumidor". Inexistente.
028: Constitución e regulación de zonas de carga e descarga adaptadas. Algunha máis das que había se crearon, pero seguen a ser insuficientes.
029: Potenciación dos sectores hoteleiro e hosteleiro como motores de atracción de visitantes. Do hoteleiro non teño datos, pero dentro do hosteleiro hai dous bandos, e moitos bandoleiros e dende o Concello non se chegan a marcar pautas que beneficien a uns, a outros e a todos en xeral.
030: Colaborar cos propietarios dos Balnearios para potenciar o turismo termal e a súa modernización. Do do Carballiño, xa sabemos a situación, de modernizar nada, xa lles debe dar o suficiente estando como está, pero insuficiente para competir con outras instalacións no ámbito xeográfico; respecto ó das Caldas, parecía que ía arrancar e que se diron facilidades, pero a última palabra tena o propietario e o certo é que o establecemento leva anos pechado xa...unha mágoa.
031: Mellora das instalacións do Bañiño de Arcos. Ó parecer, casi a piques de rematar a lexislatura, a Diputación manda unha partida para adecentar os accesos...algo é algo.
032: Proxección exterior do Carballiño para atracción de novas oportunidades...ehhh, ¿de qué estamos a falar?
033: Mellorar a promoción do Carballiño como lugar para vivir...sí, o mellor exemplo e promoción o da o Alcalde vivindo en Ourense.

PRIORIDADE II: BENESTAR, CALIDADE DE VIDA.

EIXE IV: Plan Local de Apoio ós Maiores e ás Persoas en situación de Dependencia.
034: Ampliación e modernización do Centro Sociocomunitario, local de maiores. Segue igual.
035: Programas de respiro para os coidadores de persoas dependentes. Inexistente programa, é máis, co pouco apoio da Xunta e do Estado, os dependentes aínda o pasan peor.
036: Formación para a atención de persoas dependentes no fogar. Non oín de ningún curso.
037: Programas de atención e servizos para os nosos maiores: asistencia domiciliaria, xantar sobre rodas, podoloxía na casa...todos sabemos como está o tema, sobre todo cos traballadores de atención a domicilio e a empresa que o xestiona...
038: Construcción do Centro de Día, Centro de Estancias nocturnas, Estancias temporais. U-lo???
039: Potenciación do voluntariado interxeneracional. Bonita idea pero non foi levada á práctica.

EIXE V: Programa Municipal de Servizos Sociais, Conciliación e Prevención da Saúde.
040: Posta en marcha da Oficina Municipal para a emigración e a inmigración. Inexistente.
041: Ampliación do Xantar sobre rodas a sectores desfavorecidos. Nada de nada.
042: Potenciación do consumo moderado de alcohol nas fines de semana. Máis que potenciar, a palabra penso que sería concienciar...pero, nin unha cousa nin a outra, salvo que si diminuiu, foi porque a xente ten menos euros no peto.
043: Dotación de xogos seguros para nenos e nenas. Neste senso contruíronse os da Veracruz, ben, xa que era unha zona falta deles, reformáronse os da Alameda, e pouco duraron, porque seguros non eran moito, están descoidados os da pista roxa e xa non falemos dos do Parque Municipal, destrozados, nin dos dos Catro Camiños.
044: Creación de áreas de xogo a cuberto para os máis cativos, seguimos á espera.
045: Regulación e equipamento das paradas de autobuses escolares. Pouco variou o tema, si é que variou nalgunha parada en concreto.
046: Dispoñibilidade das instalacións deportivas dos centros educativos fóra do horario escolar. Algún acordo se concretou, pero o seu uso non está regulado por persoal do Concello.
047: Dotación de desfibriladores nas zonas deportivas: En catro anos o único existente foi o cedido por un particular tras unha campaña solidaria.
048: Campañas sanitarias preventivas dirixidas á xuventude; algunha houbo...
049: Programa de apoio ás familias numerosas. Non sei nin cantas hai, nin cantas necesitan apoio, pero si existe programa, non se lle da publicidade ningunha para os interesados.
050: Creación do "Punto de encontro Municipal de Rapaces con Enfermedades Transitorias Comúns". ¿Fume?
051: Apertura dos colexios públicos en horarios de conciliación: actividades lúdico-educativas...descoñezoo, fóra das actividades das ANPAs.
052: Implantación do coñecemento do noso entorno entre a mocedade. Nulo, non se promoveron rutas xuvenís naturais, nin campamentos de intercambio, etc.
053: Implantación dos "bancos de tempo para a conciliación". Boa idea, nula aplicación.
054: Creación do "Consello Municipal de Persoas con Discapacidade". Inesixtente.
055: Creación do "Fogar do Transeúnte". Inesixtente.
056: Creación do Fondo de Apoio Económico ás Persoas desfavorecidas.
057: O Carballiño escenario de igualdade plena e tolerancia cero. Programas de igualdade. Algunha acción creo que se fixo, pero non un programa como tal.
058: Implantación de políticas de participación, inclusión social e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Ven sendo o mismo que o anterior prácticamente.
059: Colaboración con asociacións de Beneficiencia. Non sei cantas hai como tal, salvo a Parroquia cando actúa nesas labores.
060: Colaboración coas ANPAS en actividades extraescolares. A publicidade si se fixo algún convenio de colaboración foi nula.
061: Creación de máis prazas de Gardería infantil. Todavía se está a esperar pola segunda Galiña Azul ou Galescola...según quen goberne.

EIXE VI: Plan Local de Seguridade e Mobilidade
062: Desenvolvemento e aplicación do protocolo de seguridade cidadán. Inexistente, e si existe, non se aplica nin se informa á cidadanía do mesmo, algo primordial en caso de porse en práctica.
063: Reforzar a presenza de corpos e forzas de seguridade na rúa. Penso que a presenza é a mesma ou menor. Todos sabemos en qué zonas se debe estar, pero non se está...
064: Colaboración para a posta en marcha do Parque de Bombeiros Comarcal. Máis que colaboración, pleitesía, pois a nave está feita, pero os medios non dan chegado...
065: Traslado a unhas instalacións adecuadas e legais para a Protección Civil. Siguen onde estaban, nunhas instalacións, polo tanto, inadecuadas e ilegais...
066: Creación dun aparcadoiro vixiado para camións no Parque Empresarial. nin aparcadoiro, nin vixiancia, con algún roubo incluso e ocupando ou prohibindo o aparcar en determinadas zonas...
067: Señalización luminosa dos pasos de peóns no casco urbán. Inexistente, é máis, co apagado de determinadas farolas para aforrar luz, pérdese visibilidade en moitos pasos, sobre todo cando chove...
068: Reorganización do tráfico rodado para unha maior seguridade vial, fluidez no tráfico e procura de estacionamentos. Non se reorganizou nada, peatonalizouse algunha calle, facendo máis complicado o tráfico e reducindo aparcamentos...
069: Creación de "áreas de estacionamento municipais" conveniadas cos propietarios de fincas valeiras. Nin a primeira...

EIXE VII: Iniciativa de Impulso á Calidade de Vida no Ámbito Rural.
070: Recuperación de espazos públicos, centros de reunión. Penso que non se fixo acción ningunha, nin se asfaltaron os camiños que a día de hoxe en moitas aldeas presentan un estado lamentable, inclusive nos que se lle botou parches ou asfalto en frío...como por exemplo a baixada de Señorín ó cementerio, máis perigosa ahora si cabe.
071: Construcción de locais sociais nas Parroquias que non dispoñan deles. Nulo.
072: Facer transitables camiños e sendeiros. Nulo, non se mirou apenas para eles.
073: Recuperación dos manantiais e pozos de rego. Nulo.
074: Dotación de bocas de incendio e de rego nos pobos do rural. Nin a primeira.
075: Impulso do "Comité de vixiancia municipal" de incendios forestais. ¿Impulso?¿Existe?
076: Políticas de prevención na loita contra os incendios. inexistentes, si non se era capaz de limpa-los camiños, como se van aplicar outras políticas preventivas...
077: Punto de Información catastral gratuito. Esto penso que sí existe, aínda que xa antes se podían facer os mesmos trámites.
078: Apoio para a constitución de Xuntas de Montes. Dato descoñecido.

PRIORIDADE III: DESENVOLVEMENTO INTEGRAL E SOSTIBLE.

EIXE VIII: Plataforma de Promoción do Deporte, Ocio, Asociacionismo e Cultura.
079: Reactivación do patronato Municipal de Deportes. Penso que a idea era liquidalo.
080: Apoio ó deporte base, ós clubs e escolas deportivas. Apoio ó Arenteiro exclusivamente, o resto non existimos, nin se nos ten en conta á hora de axudar proporcionalmente. E o da Escola xa se sabe o que se está a facer, liquidala e que pase a ser cousa do C.D. Arenteiro, volvendo á situación de hai 20 anos.
081: Cubrir e adecuar as pistas exteriores do pavillón de deportes, así como mellorar os vestiarios. As pistas renováronse cunhas novas de pádel, pero non se cubriron, polo que o seu uso queda limitado a cando non chova...gastáronse os cartos nunhas instalacións que a día de hoxe non son prioritarias ou de interese xeral. Neste senso non hai regulación dos prezos públicos polo seu uso...
082: Campo de fútbol 7 de herba artificial na Uceira. Nada de nada, non se dá acondicionado os exteriores cun mero asfaltado e humanización das instalacións, como para facer un campo novo que tanta falta fai...
083: Transformación de Pena Cobertoira para outros usos...máis ben, deixouse nas mans de deus, e alí o usa quen pode e quere po que quere.
084: Fomento da práctica deportiva en tódalas edades potenciando o contacto coa natureza. Non hai un programa concreto anual de actividades e as tasas das escolas suben cada ano un 20%, eso non é fomento.
085: Planificar o turismo co deporte como reclamo. non se fai ningún torneo que poida atraer xente, con participantes e acompañantes que pernocten na vila como fan vilas semellantes.
086: Difusión de recursos deportivos, facilitando calendarios, solicitude de reservas, forma de pago...nada de nada.
087: Poñer en uso as praias fluviais da piscifactoría e do Cuco. Non se desenvolveu acción ningunha de acondicionamento e mellora.
088: Fomento do deporte en equipo e xogo limpo nos máis cativos. Non se fai recoñecemento nin premio algún neste senso dirixido a tal fomento.
089: Impulso e colaboración coas asociacións veciñais, culturais e deportivas. A colaboración é prácticamente nula, e nin tan xiquera o Concello é capaz de coordinar un calendario conxunto.
090: Habilitar local na Praza Juan Pajariño para a utilización e uso compartido das asociacións. Outra promesa incumplida.
091: Inmersión tecnolóxica para os cidadáns. Neste senso lévanse realizado varios curso de acercamento ás novas tecnoloxías con numerosos participantes.
092: Posta en valor do Mosteiro de Lobás e da riqueza patrimonial do seu entorno. Ningunha acción.
093: Adicación do museo do papel á recuperación do noso Patrimonio histórico e Cultural. Abandoado.
094: Construcción do Museo do Pulpo en Arcos. Inexistente.
095: Posta en valor do noso Patrimonio Cultural. Nada de nada.

EIXE IX: Plan sostible de urbanismo. Infraestructuras e Servizos de calidade.
096: Adapta-lo PXOM á lei vixente, coa máxima participación veciñal na súa elaboración, difusión e coñecemento. Presentouse un adianto do mesmo no que o equipo redactor cae en moitos erros e no que o Goberno local apenas participou dando ideas ou aportando melloras segundo se ía elaborando, sobre todo para o rural, a parte máis afectada nesta adaptación e onde apenas se velou polos intereses veciñais. A maioría dos veciños piden a súa retirada, sobre todo logo de saber que se está a elaborar unha nova Lei do Solo de Galicia no Parlamento.
097: O urbanismo afable, a creación dunha circunvalación, a dotación de equipamentos, espazos públicos e sociais, as vivendas públicas, e a protección do noso Patrimonio, son os eixes da modificación do PXOM. A creación da circunvalación xa estaba prevista no anterior, no presente adianto, modifícase e adáptase á realidade de crecemento inferior á prevista.
098: Traslado do Centro de Saúde á actual ubicación da Estación de Autobuses e reversión do Centro de saúde actual para uso municipal. non se conseguiu nada neste senso.
099: Creación da Estación Intermodal do Carballiño. Tampouco se avanzou nada.
100: Implanta-lo transporte público entre a Uceira e as parroquias co centro do pobo. Nada de nada.
101: Impulsar a inclusión do Carballiño na área metropolitana de Ourense. Nada de nada, esa área aínda non se constituiu.
102: Creación dun aparcadoiro nas inmediacións do ceminterio. Nas últimas datas estase a adecentar a entrada do mesmo, pero de aparcadoiro nada.
103: Construcción dun cementerio municipal. Preveese no adianto do novo PXOM, nada máis.
104: Implantar unha Área de Reforma Integral do Barrio de Flores. Non se leva avanzado nada e aplícanse normas subsidiarias.
105: Piscina climatizada de uso público na Residencia do Tempo Libre. Nada de nada, para qué facerlle a competencia a un ximnasio privado que paga impostos en Maside.
106: Creación da Casa da Xuventude na actual Casa da Cultura. Inexistente interese.
107: Traslado da Biblioteca a un espazo accesible facéndoa máis atractiva e moderna, tendo como obxectivo unha biblioteca temática, con amplo horario. Nada de nada, a actual permaneceu pechada meses, cun horario reducido e nulas reformas para polo menos, poder usala cunha mínima comodidade de climatización.
108: Construcción dun local de ensaio para os grupos musicais do Carballiño nas instalacións da Uceira. Nada de nada e non será pola demanda.
109: Plan estratéxico de recuperación ambiental do parque municipal: concurso de ideas. Nin plan, nin ideas.
110: Creación dun carril bici que comunique o casco urbán co parque municipal. Nada de nada.
111: Embelecemento das medianeiras das edificacións. Cero.
112: Amplicación do programa de compostaxe doméstico. Ningún avance.
113: Desenvolvemento dun sistema efectivo de limpeza das rúas. Ampliación do sistema de recollida de residuos. Promoción do uso responsable da auga e outros recursos. Todo segue igual, sacando que a recollida a fai a diputación e estando moitas veces, sobre todo festivos de verán os contendores desbordados.
114: Plan de control das augas das nosas fontes. Estes controis son inexistentes e o que se recomenda e non beber delas.
115: Cobertura da TDT e todo o municipio. Penso que se logrou.
116: Extensión das redes de comunicación e tecnoloxías da información. Accións descolecidas.
117: Zonas de acceso libre a internet en prazas e locais municipais. Falta de comunicación e publicidade nestes espacios.
118: Planificación para a eliminación do cableado aéreo no casco urbán. Inexistente planificación nin soterramento de cableado algún.
119: Planificación para a reposición da rede de auga, evitando futuras roturas. As roturas seguen a sucederse e as únicas accións son a posteriori, non preventivas.

EIXE X: Programa de Modernización de Servicios Públicos e Adaptación Económico-Administrativa do Concello.
120: Reducción dos impostos municipais: Baixada do tipo aplicable do IBI, bonificacións fiscais para familias numerosas e sectores desfavorecidos. De baixada do IBI nada, en canto ás bonificacións fiscais para familias numerosas, algo se avanzou...aínda que esas bonificacións van acompañadas de previas subidas dos impostos, polo que o aforro neto é reducido.
121: Bonificacións para as domiciliacións bancarias dos impostos. Fíxose, é pequena pero aplícase.
122: Racionalización da xestión de servizos a través da integración na mancomunidade de concellos do Carballiño. Recollida de lixo (Diputación), punto limpo, canceira, asistencia social, Transporte mancomunado...Tamén se realizou, falta dar a coñecer un análisis do servizo e o seu custo.
123: Plan de control e racionalización do gasto. Obxectivo: Austeridade no gasto e reducción da débeda. Austeridade haina, as inversións son escasas, pois escasos son os recursos e a deuda, baixase, a conta do contribuínte, máis impostos, menos servicios públicos, pura regla de tres.
124: Optimización dos recursos humanos do concello e plan de formación continua. Implicación de tódolos traballadores municipais no uso de recursos e nos procedementos administrativos. Por boca de algúns deles, nuna tal descontrol houbo...
125: Actualización dos bens inventariados do Concello. Descoñezo tal inventario e a publicidade do mesmo.
126: Fortalecemento dos órganos de control da administración municipal. E tanto, os últimos catro anos foron rexidos pola Secretaria e a Interventora, que con tanto imputado e tantas contas opacas andan co cu apretado...eso si, informes negativos e denuncias de procedementos ilegais que acabaron nos xuzgados e lle quitaron a razón poucas...e eso que cobran ben, pero, ¿quen as controla a elas?
127: Potenciación da cercanía da administración ós cidadáns a través de novas tecnoloxías. Non hai que ver o mal que está redactada a páxina web, para darse conta que neste senso aínda lle queda recorrido por facer...
128: Implantación do porteiro Telemático Único aberto ás xestións dos cidadáns. A día de hoxe hai que ir aínda por Rexistro, si ou si, para falar coa Administración Local...e logo esperar que contesten, que o máis normal é o silencio administrativo...
129: Transparencia en tódolos actos administrativos. Falsa e simulada transparencia, que se mire na área de deportes cómo se fan as contratacións...a través de empresas interpostas e domiciliadas en Vigo, con sobrecostes para as arcas locais.
130: Un Alcalde, Argimiro Marnotes, que dirá sempre a verdade, que xestionará os recursos cos que se conta, que non gastará o que non se teña e que implicará a veciños e veciñas na toma de decisións. Polo de pronto e por desgracia, un alcalde imputado, cun oscuro pasado como xestor en Xestur e un inoperativo xestor local, pois non cumple nin o 10% do seu programa electoral...

Unha reflexión, nada máis que me tomei o meu tempo para analizar...case catro anos.

Centrados están os cidadáns, que se declaran fartos de tanta corruptela, tanto inmovilismo e queren outra cousa, gobernantes que traballen pola cidadanía, non por un posto e o mantemento do mesmo coste o que coste, democracia, GOBERNO DO POBO PARA O POBO.

Intención de voto en España



4 comentarios:

  1. amigo jordy...ainda quedan 6 meses para poder cumplir isa programa electoral

    ResponderEliminar
  2. E catro anos máis, ou oito, os que queira a xente... ;)

    ResponderEliminar
  3. vergoñento iste fraude ó cidadán

    ResponderEliminar
  4. Claro ata o infinito e máis aló

    ResponderEliminar