Visitas

viernes, 9 de enero de 2015

Feliz Ano 2015¡¡¡

Feliz aninovo e os mellores desexos de saúde, paz e fortuna...

Difusión nas redes
Parece ser que os gardas de tráfico do Carballiño andan á procura de todo iso, a costa do próximo; a seguinte noticia, polo menos a min, paréceme de risa, no fondo e de preocupación nas formas...

O caso é que por recibir un bico dun acompañante, sin perder de vista a estrada, nin quita-las mans do volante, únicamente, ser a agraciada de tal xesto de cariño, pode supoñer unha falta de atención e un perigo para os demáis usuarios da vía. 

Non creo que o artigo infrinxido fóse redactado para sancionar tal acción, e logo deso, que se redacte a mesma da forma que se redactou, coa falta de profesionalidade e dilixencia coa que se redactou, é de chiste e gravidade pola falta de rigor e exemplaridade...

Falta de liberdade de movementos...ou envidia dos axentes...
A calquer cousa lle chaman relación a día de hoxe...
Desde logo que eu penso que se provocan faltas de atención por mil motivos, antes que por un bico, que non digo que tamén poida ser...pero así non deberíamos ter radio, nin ningún botón no coche, nin poderíamos levar acompañantes que nos falen ou poidan distraer...

Novas proposicións
Cada un que opine o que queira, pero a obxectividade das normas reside no intelecto do subxectivo de quen as aplica, para bromas nas redes e difusión dará para uns días...casi que a interesada debería abrir unha conta para recaudar para paga-la multa, ó avogado ou unha boa cea co mozo, eles o merecen e que viva o AMOR¡¡¡

Así e todo, o noso Alcalde xa dixo que si a tiña que resolver o Concello, que quedaría en nada...porque él o vale e punto, xa se sabe, estamos en época de semente.

Ver enlace: Tele5


No hay comentarios:

Publicar un comentario