Visitas

martes, 13 de enero de 2015

Seguimos co bico...

Teño que seguir escribindo sobre a cuestión dado que a xente sigue a comenta-lo caso, moitos sin coñecemento de cómo foi o feito, outros dando por feito que foi dunha ou doutra maneira e todos opinando, entre os que me inclúo, incluso asociacións a favor da Garda Civil, con vídeos e todo, alcaldes e xefes de tráfico, o tema non debe ser unha cuestión banal, dado que encheu máis páxinas e ocupou máis minutos nas nnosas conversas que as accións terroristas de Francia, e esto último dígoo en base á miña última semana...


Oín opinións de todo tipo e para tódolos gustos, e consecuencias de cada unha delas, de todo tipo e algunhas de moi mal gusto; estas últimas preocúpanme hasta o punto de sentir repugnancia cara as persoas que as afirmaban e, por extensión, da sociedade á que pertenzo, si unha maioría pensa como estes individuos segundo afirmaban.

Comento como máis graves ó meu parecer:

Afirmar, por exemplo, que ahora o normal é que os axentes de tráfico vaian a por ela en canto a vexan ou vexan o coche no que iba...como si nun estado dictatorial vivísemos, e afirmaban que eran perfectamente capaces de facelo -e eu pensando, igual de perfectamente capaces de afirmalo vós- ou que era unha trepas a rapaza por saír en tódolos medios...pero esto que é, o SÁLVAME mata neuronas ou qué? ¿qué vai lograr con sair nos medios?¿Que a metan no GH VIP?¿Que lle den unha praza no SERGAS? ou qué? ou incluso que o que debía facer era buscarse un  amigo que lla sacara, en lugar de montala nos medios, non sexamos obtusos.

A cuestión obxectiva que non podemos perder de vista penso que é a seguinte, "o acompañante dalle un bico na meixela á conductora". Ese é o feito que orixina a infracción. Quen me diga outra cousa que mo argumente e si é boa argumentación aceptareina, discutireina ou rebatireina.

Esta acción considero que é equivalente a que o acompañante encenda a radio e o volumen esté moi alto de súpeto, ou abrir a ventanilla e o aire molesta ó conductor; a relación causa-efecto pode ser a mesma, salvo que nunha hai un contacto físico e noutra non, pero pode ser máis grave si cabe. 

Sin embargo, un axente que ve o xesto, interpreta que esa acción "limita a libertade de movementos da conductora" e engade que "esta mantiña relacións cariñosas co acompañante".

Pois ben, na redacción tería o axente que especificar, porque si verbalmente lle dixo que a multara porque o acompañante lle dira un bico, esa multa está mal redactada, entendendo que en ningún momento perdeu a libertade de movementos- outra cousa sería que o acompañante a collera coas mans e a levara xunto del- nese caso, o vehículo podería ir sin rumbo e invadi-lo carril contrario, ou incluso subi-la beira-rúa,e, segundo, si era a conductora quen mantiña relacións cariñosas co acompañante, significa que lle devolveu o bico...sendo así, a infracción sería máis grave creo eu, porque sí perdería a debida atención, algo que non foi expresado polo axente na denuncia...

De tódolos xeitos non se pode parar a alguén, redactar unha sanción dunha maneira tan ambigua mentras o teu compañeiro de servizo se vai á cafetería de en frente tomar algo e ó volver lle entrega os papeles e a multa á suposta infractora, repetíndolle que está multada porque lle diron un bico.

Perdonádeme e dígoo con todo o respeto, pois teño familia moi próxima no corpo de Tráfico, pero sona a recochineo a infracción aludida, paréceme recochineo a actitude do axente que se vai tomar algo á cafetería mentras o compañeiro redacta no vehículo e de recochineo que os medios lle den tanto bombo á noticia si non fóra porque son moitas e moi esperpénticas e a xente está farta da indefensión e do abuso. Sí, indefensión e abuso, porque en pleno siglo XXI, a palabra dun axente vale máis ca dun cidadán, cando a tecnoloxía nos aporta suficientes medios para probar actitudes, faltas e delitos ó volante con máis apoio que a palabra dunha persoa á que lle podes caer mal ou ben, e digo esto aínda que me certificasen que o 99% dos axentes non foran así, seguiría habendo un 1% que nos podería tocar a calquera e teríamos que comer e calar, como hai 100 anos.

Socialmente, todo este rebumbio preocúpame. En resumo, hai unha acción que pode ser sancionable ou non, depende do caso concreto e da obxectividade que o axente que a advirte aplique ó caso. Si recibiu un bico e non aconteceu nada máis, non se pode multar a alguén por eso, pois hai mil accións que distraen máis a calquer conductor obxectivamente falando. Si recibiu un bico e houbo algo máis, soltar as mans do volante, invadi-lo carril contrario, perder a visión da calzada, eso debe reflexarse na denuncia, e efectivamente multar, sin máis, e paga-la multa.


Finalmente, e para rematala, que veña un Alcalde e diga que si a multa a ten que resolver él, no seu Concello, que vai quedar en nada...pois que queredes que vos diga, apaga e vámonos, sería desacredita-lo corpo da Garda Civil, ás leis administrativas e ó Estado de Dereito en última instancia...pero eso, desgraciadamente é o que vemos tódolos días...

¿Seguiremos? vós diredes...

ABC: Pincha aquí

La RegiónPincha aquí

Faro de Vigo: Pincha aquíPincha también aquí

Onda Cero: Pincha aquí


2 comentarios:

  1. la guardia civil no tiene comandancia en el pueblo,dentro del pueblo manda la policia,asi que retirar esa denuncia no es desacreditar a la guardia civil ni mucho menos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Digo yo, que si un agente pone en base a un precepto infringido una sanción, y un cargo superior, dice que esa sanción va quedar en nada, sin entrar en una valoración jurídica, simplemente, por ser una autoridad superior...es desacreditar al agente no??? otra cosa bien distinta sería argumentar el caso objetivamente y en base a la Ley...que se puede...

      Eliminar