Visitas

sábado, 9 de mayo de 2015

Carreira ó 24 de Maio

Unha vez dado o pistoletazo de saída, xa nos podemos poñer a barallar, despotricar, e, algo menos, a loubar a aqueles que se presentan por unha ou outra lista a representarnos no Goberno Local...

Non vou ser menos, aínda que non vou personalizar, xa que, por riba de todo, somos veciños e todos nos conocemos, ou deberíamos, coas nosas virtudes e os nosos defectos, os cales deberían quedar aparcados si do ben do pobo se fala. O que penso e creo que pensa unha maioría dos que podemos estar interesados e somos conscientes da importancia da política local, é que na suma de todas, falta xente moi válida, de "peso", que podería aportar cousas ás listas e á vila, pero que por unhas razóns ou outras non dan un paso ó frente.

Dito esto, ogallá a xente que lea esto se animara a opinar sobre uns e outros para así facernos unha mellor idea do que queremos en xeral, facendo concesións persoais ou mirando para outro lado según o caso...

Hoxe vou deixarvos os rostros de todos eles e en posteriores entradas comentar, según avance o calendario electoral e as miñas obrigas mo permitan...



No hay comentarios:

Publicar un comentario