Visitas

jueves, 1 de octubre de 2009

PSOE + BNG



 Hai uns días, tomando o meu café de media mañá sorprendeume a importantísima reunión que se estaba a producir, sí, dentro da cafetería, a dous metros ás miñas costas...entre, chamémoslle nestas liñas "Algarrobo", é o apodo que se me veu á cabeza agora mesmo e dúas afiliadas máis do BNG ou no seu defecto, puiden intuir simpatizantes porque lle levaban ben a corrente ó primeiro...


En fin, que salvando o lugar, a hora e as maneiras, as cales quen me discuta que son as idóneas non merece o meu ético respeto, a cuestión era o reparto ou asignación dos despachos a ocupar en canto se produzca a fusión destas dúas empresas chamadas agrupacións locais dos enunciados partidos políticos, na casa do Concello...na miña opinión metíaos un de cada cor nun despacho, por aquelo de que se relacionasen e solucionaran posibles diverxencias históricas tales como as que podedes recordar nos enlaces posteriores.


A cousa é que desde un principio, cando foron as eleccións, a min non me gustou o panorama e eso que tiña a cousa bastante clara do que necesitaba o pobo, pero por todos estes enfrentamentos, disputas, pedras contra a casa allea e demáis, esa idea clara foise difuminando ata perder o interese no resultado final...


Esperemos que dita fusión sirva para ganar todos os que pagamos impostos e reclamamos servicios e non para darnos a volta, despreocuparnos de quen manda e pensar en cómo seguir pagando impostos e satisfacer as nosas necesidades públicas e privadas da mellor forma posible.











Podería seguir, pero xa é tarde e debo descansar...na miña opinión, o que non empeza ben sempre pode acabar peor...



1 comentario:

  1. Al final siempre ganan los mismos(los del traje y el maletín q dicen llamarse....creo q políticos) y siempre perdemos los mismos (el pueblo)

    ResponderEliminar