O programa do BNG divídese en dez áreas: Infraestructuras e Ordeación do territorio, Dinamización socioeconómica, Turismo, comercio, hostelería e festas, Igualdade e benestar, Mocidade, Sanidade, seguridade e participación cidadá, Medio Ambiente e medio rural, Política lingüística, Cultura e Educación e, por último, Deporte.
- Infraestructuras e Ordeación do territorio: Como os outros partidos a adecuación do PXOM é prioritaria, tamén se propoñen máis peatonalizacións e a posta en valor de Flores; ampliaranse as zonas de aparcamento no periurbano, (entendo que se limitará o aparcamento no centro e se obligará a aparcar máis ás aforas), máis sólo dotacional para: Nova biblioteca, centro cívico, centro de día e estación intermodal, todas propostas, ó meu parecer boas, a non ser pola financiación, pero hai 4 anos...Tamén se propón a integración na Mancomunidade para a xestión do servicio de recollida de lixo, como o PP, e do que saímos porque o Psoe dixo que era demasiado gasto. Wifi no rural; mellores comunicacións intercomarcais, erradicación do feísmo nas fachadas e medianeiras, carril bici do parque ó centro , (propostas tamén feitas polo PP); Plan de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas, algo tamén expresado polo Psoe, pero que xa está regulado por lei desde hai anos...Incremento de xardíns, zonas peonís, prazas...Cementerio municipal, tamén proposto polo PP.
- Dinamización socioeconómica: creación dun Consello de dinamización socioeconómica, (falta o contido de este), marca identificativa dos productos do Carballiño, proposta tamén feita polo Psoe, creación dun viveiro de empresas, estación permanente da ITV, esto si se logra aportaría uns cantos empregos, pero a cercanía con Ourense e Lalín...non sei eu se o fará viable; Convenios coas outras administracións para poñer en valor o uso da Residencia do Tempo Libre, tamén no programa do PP.
- Turismo, Comercio, Hostelería e Festas: Centro de recepción de visitantes na Est. do Tren, Instituto Termal de Galicia, proposto por tódolos partidos, pero que non depende do ámbito local, Promoción en feiras e congresos internacionais, remodelación da praza de abastos. Festa do Pulpo (Polbo): Diversificación da actividade e remodelación e unificación arquitectónica dos servicios de restauración da entreda do Parque...esto non entendo ben que supón, pero supoño que será remodelar o Pote...
- Igualdade e Benestar: Plan de Igualdade entre homes e mulleres, Plan de convivencia intercultural, (tamén proposto polo PP), Centro de día, Banco de Alimentos, que xa está a funcionar, novo Centro sociocomunitario nas antigas instalacións do matadoiro, lugar que non creo que sexa o mellor para os maiores pola situación e Biblioteca da muller.
- Mocidade: Oficina Municipal de Información Xuvenil a cal xa existe, Creación da casa da infancia e da mocidade, creaación da rede de voluntariado municipal.
- Sanidade, seguridade e participación cidadá: Protocolos do GRUMIR, aue espero xa teñan, ou é que funcionan ó tomtom?, información para as prostitutas dos medios sanitarios e recursos sociais ó seu alcance...
- Medio Ambiente e Medio Rural: Equipo de traballo para o cuidado do parque todo o ano, plantación de especies autóctonas, Axenda escolar 21, limpeza de fontes e análise periódica, ata ahora non se facían porque non había recursos económicos ó parecer...
- Política lingüística: Consolidación do Servicio de Normalización Lingüístico Municipal, algo qeu eu creo no debe exceder do ámbito subxectivo de cada cidadán preguntándolle en qué idioma prefire o trato coa administración, escrito e falado, (esta é a única candidatura que fai referencia a este ámbito).
- Cultura e Educación: Convenios coas Universidades e Administracións para facer cursos, congresos e outros actos relacionados, proposta moi interesante para acercar estas institucións e os seus coñecementos a aqueles que non tiveron unha formacion universitaria ou lles queda lonxe esa etapa da súa vida. Consello Municipal das Artes, nova Biblioteca e Mediateca, non se di onde nin cando; reordenación da Casa da Cultura como Casa das Asociacións, fundamental creo eu porque non ten o uso nin a capacidade física para a utilización como tal. Programa de prevención do fracaso escolar.
- Deporte: Revitalización de Pena Cobertoira, igual que o PP, o Psoe non nombra para nada esta zona na que se invertiron tantos cartos; Adecuación da piscina municipal para o seu uso no inverno, revitalización do Padroado do Deporte, algo quizais sin contido...
Dos tres programas é para min o que máis incide nas políticas sociais sobre todo para a muller e os maiores, pero fáltalle máis contido noutras áreas nas que non fai propostas concretas e queda un pouco lonxe dos outros partidos que sí profundizan máis. É coma si elaborasen o programa dende a perspectiva das áreas de goberno que manexaron nestes dous anos, pero esquecendo o resto ou non sabendo qué propoñer...
Aínda así, tras repasar os tres, non hai grandes diferencias e non se pode definir un programa como tal de esquerdas ou de dereitas, sendo este último quizais o máis proximo á esquerda-de forma leve- e os outros dous algo máis centristas...
Cabe na miña idea valorar a capacidade de xestión dos integrantes de cada lista para cada área proposta nos programas, nuns polo que fixeron ata o de ahora, e outros polo que levan feito nas súas vidas laborais fóra da política...
Reciba que reciba máis votos o domingo, que o único gañador sexa O Carballiño¡¡¡¡
Agradecer desde aquí, salvo algún pequeno borrón, a limpa campaña dos partidos e a naturallidade e acercamento na praza maior do espíritu democrático e participativo na Praza Maior...pero recordar que ese espíritu e esas formas se deben manter durante toda a lexislatura.
Pechar esta entrada coa proposta que para min se debía levar a cabo no ámbito municipal: Por unha parte, unificar os concellos que se atopen comunicados a menos de 5 minutos para reducir costos de xestión, e en segundo lugar, facer listas abertas, é decir, non votar a unha única lista, senón a determinadas persoas de cada lista, e logo que gobernen os 17-no caso do Carballiño-máis votados, para así darlle unha continuidade no tempo ós proxectos e desteñilos de unha ou outra cor política...algún día quizais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario