Visitas

miércoles, 18 de mayo de 2011

Repaso Programa PP


O programa do Partido Popular divídese en dez EIXES estructurais: Plan de emprego, Sectores prioritarios da política local (Industria), Estímulo da Economía (Comercio e Turismo), os Maiores, os Servicios Sociais, a Seguridade e Mobilidade, o Ámbito Rural, o Deporte, Ocio , Asociacionismo e Cultura, Urbanismo e Infraestructuras e Servicios Públicos e adapatación económico-administrativa do Concello.
  1. Plan de emprego Municipal: Creación dun centro municipal de formación para o emprego, así como un fondo municipal de emprego. O centro de formación paréceme unha boa iniciativa pola escasa oferta de cursos públicos no ámbito local, en canto ó fondo, non sei en que dirección entendelo...supoño que será unha especie de Bolsa de traballo municipal...A promoción e mobilidade internacional dos xóvenes para a parendizaxe de idiomas tamén a vexo interesante, pero debe ir da man das axudas doutras institucións para se complementar.
  2. Sectores prioritarios da política social: Centro de negocios e cesión de terreo na Uceira, (mellor que no Cornuval, aínda que require máis inversión); máis sólo industrial, ¿quen o paga? e por último Instituto Termal, este instituto é unha utopía ou é real?? xa se leva falando del desde hai anos pero non se avanza, o problema é o de sempre, o mantemento...que desde logo no Concello non podemos asumir entendo eu.
  3. Estímulo da economía: Patronato de Turismo, (órgano sin contido), festas temáticas de productos da comarca (¿qué productos temos típicos sacando o pulpo?); sí me gusta a apertura da Residencia do Tempo Libre todo o ano para outros usos e a regulación das zonas de carga e descarga...o resto de propostas son similares en tódolos partidos.
  4. Maiores: Ampliación e modernización do centro sociocomunitario...¿este centro non é dependente da Xunta?, formación para a atención de persoas dependentes no fogar, paréceme boa idea, levada da man do centro de formación exposto anteriormente. Construcción dun centro de día...máis que construcción, ¿non se podería utilizar para tal fin a residencia do Tempo Libre?; potenciación do voluntariado interxeneracional, esta tamén me parece unha boa proposta sempre e cando a xente nova nos involucremos...
  5. Servicios sociais: Creación dunha oficina municipal para a emigración e a inmigración, ampliación do xantar sobre rodas, zonas de xogos cubertas para nenos (¿onde?), disponibilidade das instalacións dos centros educativos para o seu uso fóra do horario lectivo; dotación de desfibriladores, é a única proposta neste senso, banco de tempo para a conciliación, tamén me parece unha idea interesante, a colaboración entre as persoas que dispoñen dese tempo ofrecerse, pero tamén previa formación mínima no centro de formación. Por úlitmo, destacable para min, creación do fogar do transeúnte, unha boa proposta, pero faltaría por definir o lugar. A min para estas cousas sempre se me ven á cabeza a Residencia do Tempo Libre, como inmoble infrautilizado para o beneficio social do pobo.
  6. Seguridade e Mobilidade: Fondo económico de apoio ás persoas desfavorecidas, ¿de onde se sacarán os fondos? de doacións?, ampliación das prazas de garderías, esperemos que non sea como o das galescolas, que tardaron en levala a cabo canto tempo?, Parque Comarcal de Bombeiros, esto xa está aprobado non si? por qué se inclúe cmo proposta? Traslado da Protección Civil...si veñen os bombeiros manterase este corpo? tamén me chama a atención as áreas de estacionamento conveniadas cos propietarios de fincas valeiras...gustaríame saber cales son estes espacios.
  7. Ámbito rural: Locais sociais nas parroquias que non dispoñan, ¿quen os fai, o Concello ou as propias asociacións?, gústame a idea de bocas de incendio no rural, o punto de información catastral xa existe e creo que é gratuito. En canto á recuperación de pozos e manantiais...temén me gusta, sempre e cando despois de remat-las obras se manteñan e non se deixen vir abaixo outra vez.
  8. Deporte, ocio, asociacionismo e cultura: Reactivación do Patroato de Deportes, repito, son figuras sin practicidade, campo de Fútbol-7 na Uceira anexo ó existente, necesario, pero tamén outras máis cousas...transformación de Pena Cobertoira para outros usos, despois dos cartos alí invertidos que deixe da man de deus paréceme unha locura. Os museos do papel e do pulpo tamén me gustan, un rematalo e o outro facelo, pero a min paréceme que máis que en Arcos se debería facer próximo ó Parque xa que o día máis visitado sería a Festa do Pulpo, e desde Arcos ó Parque hai bastante distancia...
  9. Urbanismo e infraestructuras: Adaptar o PXOM, como non..., pero recordar que as maiores aberracións urbanísticas no Concello se cometeron con gobernantes próximos á dereita...Creación dunha circunvalación sur, boa proposta, por definir, de onde a onde e o custo, pero solucionaría varios problemas de tráfico, e abriríase unha posibilidade para o sector da construcción...a estación intermodal tamén me parece oportuna, así como unha mellor comunicación con Ourense. O aparcadoiro e ampliación do cementerio tamén é moi necesario. A reforma integral de Flores xa está en marcha penso eu, sería continuar os trámites. Unha piscina climatizada na zona da Residencia do Tempo libre non estaría mal, xunto con ximnasio público, añadiría eu...Adaptar a Casa da Cultura en Casa da Xuventude, como lugar de reunión e local de actos temén me gusta, pero faltaría por definir a onde trasladar a Biblioteca...O carril-bici do parque ó centro tamñen me gusta, igual que o WIFI local e a planificación da reposición da rede de auga...a dúbida que me queda, ¿de onde se sacan recursos para todo?
  10. Servicios públicos e adaptación económico-administrativa de Concello: Reducción de impostos municipais...xa son poucos e redúcense cada ano, como para eliminalos, creo que queda moi ben así dito, pero son necesarios para prestar os servicios por outro lado; bonificacións para a domiciliación deles si o vexo oportuno, acadaríanse antes uns ingresos que moitas veces quedan no aire...Integración na mancomunidade de Concellos para certos servicios, pero aclarando con números reais e tódolos partidos porqué se saiu e canto vamos aforrar, algo controlable ano a ano; optimización dos RRHH do Concello...entendo que é cargarlle as pilas a todos aqueles que non están cumprindo, que son moitos, así como un plan de formación continua, penalizando a quen non o faga, ou non obteña bos resultados. O acceso telemático e inmediato tamén me parece boa cousa, sempre e cando non se perda na internet a resposta.
Propostas na maioría interesantes, pero algo valeiras de contido no sentido de que os recursos son escasos e non se chegará a cumplir con todo, como en todo programa electoral. Por outra parte, despois de ver o programa do Psoe anteriormente, moitas das propostas cópianse, e non atopo grandes diferencias dun e doutro, sendo bastantes parecidos, un pouco máis ambicioso con algúns proxectos este do PP, pero máis inconcreto, polo que me levanta dúbidas da realidade e reflexión levada a cabo sobre o mesmo.

Por último decirlle a Arximiro que que o punto 130 resúltame chamativo e gracioso en parte: penso que ninguén quere un alcalde que minta, e todos esperamos, non que xestione os recursos cos que se conte, senón que saque recursos de onde sea e os optimice; ás veces gástase máis do que se ten efectivamente, pero conséguese repoñer e obter beneficios xestionando correctamente eso que che prestan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario