Hoxe que se inaugura a tempada de piscina no Carballiño, pégovos un video para previr posibles accidentes...
sábado, 25 de junio de 2011
viernes, 24 de junio de 2011
Adeus ós males...
Pasou a noite de San Xoán e no lume quedan os males do ano pasado; coas almas purificadas tras beber a brevaxe mística bendecida polo Darío e elaborada polo "Ruzo", esperemos que a cada un se nos cumplan os desexos...
A sardiñada foi boa, acompañada por un bo chourizo, pan e un vasiño de viño que facía esquecer o viruxe que se levantaba por momentos...
Logo, antes das doce, levouse a cabo unha pequena procesión coa Santa Compaña, Pepa a Loba, o Home do saco...finalizada diante da fonte de Flores, onde se elaborou a espirituosa queimada.
Ata o ano que ben, esperar que nos acompañen os bos espíritus, e como solicitaba o Tupino e toda a procesión..."POR SAN XOÁN, ENTRA O BEN E SAE O MAL¡¡¡¡"
Sardiñada
Terraza 7 Flores
Procesión da Santa Compaña
Por San Xoán, veña o BEN e salga o MAL¡¡¡¡
Lume¡¡¡
Esconxuro e Queimada
Queimada purificadora da alma...
jueves, 23 de junio de 2011
Noite de San Juan
Hoxe é a noite meiga, noite de celebración en gran parte do país. Nós, aquí en Galicia vivímola, ó meu entender, de maneira particular polas nosas raíces Celtas.
Eu participarei na noite meiga de Flores, oxalá nos xuntemos un bo grupo de personaxes e podamos facer que cada ano vaia a máis este día, pois é dos máis enxebres e tradicionais se poden celebrar.
Boa noite de San Xoán e coidado cos trasgos e coas meigas¡¡¡¡
Pégovos o esconxuro:
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños,
espritos das neboadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas,
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan
as que non poden deixar de queimarse
no augardente quedando así purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fóra,
participen con nós desta queimada.
jueves, 16 de junio de 2011
Adicación da Festa do Pulpo
O cambio de Goberno municipal supuxo un cambio na idea de adicarlle a Alemania este ano a Festa. No traspaso de poderes, o alcalde saínte non deixou nada cerrado ó respecto, polo que, dada a situación actual e os últimos acontecementos, Argimiro Marnotes e o seu equipo optaron por adicarlle ós productores de pepino de Almería a festa en solidariedade pola crise alimentaria mal fundada neste producto.
¿Producirase un bo cóctel gastronómico entre o "PEPINO" e o "POLBO"?
miércoles, 15 de junio de 2011
Reparto das áreas municipais
Este é o reparto das áreas municipais entre os Concelleiros do PP, algún deles igual lle van faltar horas para durmir, jejeje:
Argimiro Marnotes: Alcalde e encargado de Persoal.
Martín Nogueira: Portavoz e Sanidade.
Pilar Caride: Vecindade, Turismo, Educación, Feiras e Reclamacións e Suxestións.
Emilio Carballeda: Facenda, Orzamentos, Réxime Interior, Contratacións Administrativas, Rural, Seguridade e Mobilidade.
Purificación Alberte: Benestar Social.
Jesús Rodríguez: Medio Ambiente e Servicios Públicos.
Magín Daparte: Obras e Urbanismo.
Teresa Cerdeira: Industria, Emprego e Promoción económica.
Rodrigo González: Cultura, Comercio, Lecer (Deportes incluído).
Traballo por diante sen dúbida¡¡¡
http://www.laregion.es/noticia/158315/marnotes/reclamaciones/vecinos/
miércoles, 8 de junio de 2011
En recuerdo de Jorge Semprún...
Os pego 5 vídeos de este, para mí, gran pensador del s.XX, español falleció en París.
Una frase con la que me quedo es la siguiente que decía en una entrevista hace unos años: "He perdido las certidumbres de la juventud, pero he renovado las ilusiones". En referencia a su continua ambición por cambiar a mejor el mundo que nos rodea. En diferentes entrevistas pude extraer ideas sobre lo peligroso de la indiferencia social respecto a los sistemas democráticos actuales, la necesidad de sangre nueva, de jóvenes involucrados en la transformación y búsqueda de un futuro mejor, en definitiva de la búsqueda, creo yo, de una ciudad global donde todos, la totalidad de los seres humanos independientemente del color, cultura, religión...
Descanse en paz...
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








