Visitas

sábado, 12 de abril de 2014

Supresión do Partido Xudicial

Ante toda crisis económica, as sociedades vense na obriga de apreta-lo cinturón, pero aínda máis o apretan os políticos-gobernantes dunha determinada ideoloxía, a liberal. E penso que digo mal, porque máis que apretar, básicamente eliminan gastos públicos, para estes pasar a ser privados, para en lugar de ser abonados cunha partida dos impostos de todos, pasan a ser abonados por aqueles que fan uso deles, si poden...

Nestas tres liñas case que se concentra un resumen do que estamos a vivir en España a día de hoxe: Non hai prazas na Galiña Azul, ós Pitufiños; non hai Escola Municipal de Fútbol, ó Pabellón; non hai onde aparcar nas rúas, ó parking...e sempre baixo a bandeira dalgún outro beneficio ou prohibición legal que se autoimpoñen eles mesmos, pensade nos tres exemplos, falta de espacio, prohibición de pagar determinados gastos ou humaniza-las rúas.

Partidos Xudiciais actuais
Ahora toca recorta-lo Poder Xudicial, o "INDEPENDENTE" Poder Xudicial. Sempre me fixo gracia o de independente, porque casi que é o órgano de Estado máis dependente...os cidadáns non eleximos ós xuíces, eles mesmos se valoran entre sí, se ascenden e descenden, outros son nombrados de entre os anteriores polos partidos políticos según conveña, etc. Ó final non rinden contas ante nadie e económicamente dependen do Ministerio de Xustiza, polo que si non funcionan ben, ahí temos a quen lle pedir responsabilidades...pero ¿alguén se acorda á hora de votar, da XUSTICIA?, algún partido político se plantexou seriamente solucionar ou minimizar os problemas dunha arcaica xustiza como a española...penso que non.

Hoxe en día, o actual Ministro Gallardón plantexou unha reforma, que outros chaman reestructuración, que busca un afán reductor de gastos que non se busca a eficiencia do servicio. Non se para a decir qué problemas ten a xusticia, qué problemas temos os cidadáns, qué esperamos da Xustiza e qué hai que facer para alcanzar eses obxectivos...Penso que todo aquel que ten que pasar polos xuzgados se queixa dos numerosos trámites, das tasas, do caros que son os avogados e procuradores, do tempo que tardan en resolverse os procesos, da igual que sean de 6000€ ca de 60000€, moitas carencias ás que non se pon remedio. Pois ben, a brilante idea de Gallardón é reducir os Partidos Xudiciais actuais e concentra-los xuzgados nas capitais provinciais..."habemus" desacordo. A esta hora aínda non escoitei a ninguén posicionarse a favor da medida -algo debe fallar nela- e sí a moitos posicionarse en contra, avogados, procuradores e políticos...permitídeme que o diga, "chéirame a can". Uns son os que viven deso e outros son os que controlan os gastos, non creo que esa oposición sexa principalmente polo ataque ós dereitos dos cidadáns e a facilidade de acceder á xusticia.

Audiencias Provinciais
Está claro que traslada-los xuzgados á capital causa un perxuicio económico para as vilas porque hai certos negocios asociados ó seu funcionamento, así como pode supoñer unha perda de habitantes si o persoal se marcha a residir á capital...pero esta medida pode traer outros beneficios á cidadanía si a reforma vai asociada a:

1. Flexibilización do Sistema Xudicial nas súas relacións cos usuarios. Esto implicaría procedementos máis sinxelos e sin a necesaria presencia de avogados e procuradores, cunha relación máis directa co Xuiz e as Partes -sin Principio de Postulación- ou "representantes xudiciais", especializados por materias.

2. Liberalización dos precios de avogados e procuradores. Coa anterior flexibilización moitos destes profesionais pasarían a ser en determinados procedementos, "representantes xudiciais", delimitando unha ou outra categoría e os seus requisitos pola cuantía ou a tipoloxía do procedemento, maiores de 50000€ ou casos tasados que requiren unha especialización no Penal, pero non podo concebir que o que lle da unhas "ostias" de festa un sábado, ó día seguinte poda estar na rúa á espera de xuízo, cando o normal é que tivera unha imposición dunha pena ou multa ás horas de comete-los feitos, otorgándolle ós axentes a presunción de veracidade que teñen para impoñer, por exemplo unha multa de tráfico sin máis. Esta liberalización supoñería un acceso a profesionais máis económico para o cidadán con menos recursos, e eses profesionais poderían establecerse alí onde a xente queira consultar os seus temas, próximas a elas, nas vilas...

3. Informatización das demandas e facilidades para a presentación telemática. Coa tecnoloxía actual, o rexistro e presentación das demandas e a documentación adxunta debería poderse realizar vía telemática como xa se ven facendo no ámbito administrativo. Unha "administrativización" da Xusticia sería beneficiosa para os cidadáns en canto a tempo de resolución de causas e economía procesal. Con esta informatización as vistas e xuízos poderían facerse a distancia, vía web, tanto as partes como o xuíz, sin ter que desplazarse nin os profesionais, nin os cidadáns, aproveitando o tempo e as infraestructuras actuais. Non importaría centralizar ós xuíces nas capitais de provincia, así poderían repartirse a carga de traballo de tódolos partidos xudiciais, ganando os procedimentos un plus de imparcialidade.

Seguro que hai máis e a todos se nos pasan pola cabeza, así como seguro hai máis contras que moitos poderán expoñer...pola miña parte considero prioritario que se manteña a cercanía na Sanidade cunhas bas instalacións -mellora do actual ambulatorio e creación da residencia para estancias menores- que a cercanía da Xustiza, a cal se debe buscar por outros medios antes que polo xeográfico...





No hay comentarios:

Publicar un comentario