Visitas

lunes, 19 de mayo de 2014

Contas Municipais...

Esta fin de semana podíase ler un artículo no especial da Voz de Galicia "ACTUALIDAD", que os Concellos deben ós bancos un 12% máis que antes da crise...No Carballiño, si vamos ós datos oficiais que o Ministerio de Facenda e o INE nos ofrecen pódense facer lecturas moi diversas según os datos que collamos, así como manipular ou dar unha información distorsionada, según os conceptos que se empreguen; temos neste artículo, que por un lado nos din que se reduxo a deuda viva nun 7,5%, pero que a débeda coas entidades financieiras é un 12% maior ca no 2008...

Dende que comenzou a crise, no 2008, por poñer unha data de inicio, a débeda cos bancos incrementouse nun 12%, ata un global de 715,5 millóns de euros de tódolos Concellos, mentres a "débeda viva" reduciuse un 7,5% no último ano; de esto derívase, de modo sinxelo, que os Concellos endebedáronse coas entidades financieiras para pagar parte das débedas ós proveedores pendente e máis para financia-las súas inversións...

No caso concreto de O CARBALLIÑO, a 31 de Decembro de 2008, a débeda viva do Concello era de 4,87 millóns de euros, cunha poboación de 13.983hab.; a 31 de Decembro de 2013, esa débeda foi de 3,92 millóns de euros. Entre medias alcanzáronse dous picos de débeda importantes, un no 2009 -ano do Plan E, ver enlace AQUÍ- onde a débeda chegou a ser de 5.67 millóns de euros, e outro pico, no 2012, ano no que se realizou o Plan de Axuste, ano no que se permitiu ós Concellos endebedarse cos bancos para pagar facturas que estaban ó debe, chegando a débeda local ós 4,49 millóns de euros. Como vemos son dúas políticas diferentes en superficie, aínda que os resultados, desgraciadamente, similares no fondo. Na primeira incurriuse en débeda para poñer a funcionar a actividade económica coa esperanza de que a crise non durara moito no tempo -como así pensábamos a maioría-políticas sociais, e outra incurre ná debeda común para pagar o que se debe e que cada un faga o que poida na súa empresa...e como a crise sigue, e non se invirte, a crise leva por diante industrias, empleo e fogares. Os que aguanten saldrán reforzados, pero polo seu esforzo, políticas liberales...

Ver Auditoría ConcelloPINCHA AQUÍ

As consecuencias son que no Carballiño non se levan feito inversións productivas de ningún tipo baixo o amparo do plan de axuste, e para sobrevivir, as empresas teñen que buscarse a vida fóra, a fin de contas, o balance exterior é das poucas cousas que se levan mellorado nestes anos, todo o demáis, fume...

Por todo isto, a data 31 de Decembro do 2013, cada veciño do Carballiño tocaríamos a 273€ por cabeza para liquidar a débeda, fronte ós 348€ ós que tocaríamos no 2008; a pregunta que me fago é, ¿podemos pagar ahora 273€, mellor ca 348€ no 2008? déixoa no aire... Non sei canto se pagará en intereses ós bancos nin si estes son altos ou baixos, pero no caso de ser altos, pero entre uns cantos ricos do pobo ben poderían facerse cargo da débeda, sanea-las contas de todos e devolverlle cun mínimo interés nun plan de pago esa cantidade...sería un favor ós veciños cos que conviven...sona extrano, e non creo que se poida facer, ó fin e ó cabo sería unha emisión de débeda e esa contratación estaría valorada de forma negativa pola interventora e a secretaria seguramente...

A raiz desta idea, recordo outro artigo que ollaba no que varios alcaldes se queixaban de que quen realmente mandaba nos Concellos eran precisamente os Secretarios e Interventores -e en feminino según toque- e incluso algún afirmaba que podería traer ós Rolling Stones por 3 millóns de euros, pero que non podía impartir un curso de carretillero ós veciños porque non era competencia do Concello...algo parecido ó da nosa Escola de Fútbol, pódenselle dar 15.000€ ó Arenteiro de subvención directa, pero non se poden pagar autobuses, nin gastos de competición ós equipos da escola...¿alguén considera normal ou coherente esto?

En fin, toca seguir pagando, non queda outra, así que non nos vendan fume, que se axude a quen menos ten e que impere a solidariedade nestes tempos...en breves publicarei unha entrada sobre a información feita pública sobre o novo Plan Xeral Urbanístico.

Saúdos...


Artículo da Voz de GaliciaPINCHA AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario