Visitas

lunes, 26 de mayo de 2014

ELECCIONES EUROPEAS 2014

Principais candidatos e alianzas
Fin de semana demasiado importante para os europeos e non falo da final da Champions...onte domingo tocábanos decidir qué Europa queremos, que a grandes rasgos supuña decidir entre a austeridade ou unha Europa máis social. Tristemente, o 56,9% dos europeos que podían acudir ás furnas non o fixo, e o futuro de Europa será decidido polos representantes que saen destas eleccións, representantes elexidos polo 43,1%...un porcentaxe demasiado baixo desde o meu punto de vista tendo en conta que a gran  maioría das nosas relacións sociais e cidadáns se deciden en Europa.

Datos extrapolados ó Parlamento de España
Dunha maneira ou outra, sí houbo sorpresas. No ámbito europeo, os partidos de extrema ascenden preocupantemente, e califico desa maneira porque os mesmos están en contra da UE, ou en contra de moitos que forman parte dela, enténdanse emigrantes por exemplo, cando eu penso que a Unión fainos máis fortes dentro dunha comunidade internacional na que nos vindeiros 50 anos eu creo que se deberán buscar as sinerxias necesarias para converter ó planeta nun sistema sostible en lugar do actual sistema, moi próximo a unha realidade capitalista.

En España os titulares son claros, "GOLPE Ó BIPARTIDISMO". Os dous partidos maioritarios acadaron menos do 50% dos votos, o que supón o aumento doutras forzas políticas e a aparición doutras novas como "PODEMOS" con Pablo Iglesias á cabeza que acadou 5 escanos no Parlamento Europeo...

Como primeira consecuencia, e seguindo eu creo a folla de ruta marcada cando tomou o cargo, Rubalcaba vaise e unha nova executiva socialista saldrá dun Congreso do partido en xullo.

Estimación por agruacións no Parlamento
A nivel autonómico, a abstención foi do 54,5%, ganando o PP pero caendo 15 puntos respecto as anteriores eleccións; tódolos partidos perden votos salvo Podemos, que irrumpe no mapa político acadando 84000 votos e superando ó BNG en case 5000 votos. Importante a lecturan que deben facer no Bloque porque penso que están errando no que os cidadáns lle manifestan elección tras elección. AGE consolídase como terceira forza con 106000 votos. Si observamos as porcentaxes de voto, as lecturas que nos poden ofrecer poden variar un chisco e maquillar os resultados. É claro que o PP perdeu votantes, ou os votantes do PP non acudiron a votar xa que respecto ás autonómicas de 2012 perderon 305 mil votos, o que supoñen 10 puntos menos, ata un 35%. O PSOE, perdeu 80 mil votos, incrementando porcentualmente un punto. AGE perdeu 95 mil votos e tres puntos porcentuais e o BNG perdeu 65 mil votos e algo máis de dous puntos. PODEMOS sorprendeu ata os integrantes da formación incluso en Galicia que non tiveron moita presencia nas rúas, pero que si viron cómo a imaxen do cabeza de lista -Pablo Iglesias- ocupaba moitas horas nas canles de televisión nacionais e nas redes sociais...

En Ourense provincia, a caída do PP foi de 5 puntos, inferior á autonómica, o PSOE mantívose, a pesar da abstención e AGE ganoulle a partida ó BNG por unha diferencia de 1000 votos, 8689 e 7658 respectivamente. A provincia segue a ser un feudo dos conservadores. PODEMOS acadou un 5% de votos, con 6431.

No ámbito local a abstención foi similar á media, o 55%, de 11629 cidadáns con dereito a voto, acudiron a ejercelo 5202. As porcentaxes foron similares ás provinciais, PP, 2238 votos, o 44,3%; PS, 1274, o 25,2%; ANOVA, 370, o 7,3%; o BNG, 311; PODEMOS, 218; UPyD, 107...outros partidos acadaron 381 votos, mentres que blancos supuxeron 154 e 149 nulos. GráficoPINCHA AQUÍ

Votos en Carballiño
Non é realista trasladar esta votación a unhas municipais, como tampouco o é a unhas nacionais como a imaxen que podedes ver un pouco máis arriba, onde o PP perdería a maioría absoluta ó perder 48 diputados, pero de ser así, o PP do Carballiño (9-8) podería perder a maioría da que disfruta agora ó perder 1 concelleiro, o PSOE perdería 2, pasando a ter 5 e poderían entrar no Concello ANOVA (2-1), BNG (1) e incluso PODEMOS (1-0)...

Para o ano, MUNICIPAIS 2015¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario