Visitas

viernes, 6 de junio de 2014

Denuncia local

O caso que poño en coñecemento seguramente non é o máis grave que pase no Concello na actualidade, máis ben é unha situación que xa acontecía no anterior Goberno e que continúa neste, tanto por concelleiros dun como doutro partido...

Os coches destas persoas aparcan fóra do teórico horario de atención ó cidadán oou do teórico horario para exerce-las funcións do seu cargo. Algúns deles dirán que, aínda fóra dese horario están a atende-las demandas dos cidadáns...en calquer cafetería.

Non me parece correcto como cidadán que esto suceda, para todo hai unhas horas e unhas formas, xunto co emprego dunha ética social; aínda por riba, vemos día tras día como empregados do Concello, aparcan como si fóra a súa praza privada os seus vehículos nestes espacios reservados para vehículos oficiais e dende fai pouco tamén autorizados. Paréceme correcto que eses autorizados aparquen nestas prazas cando se atopen exercendo a súa función, pero non me entra na cabeza que o fagan cando son un cidadán máis para ir tomar un café...

Estas fotos son deste medio día, á hora do café, e o coche continuaba case tres horas despois alí aparcado. Según o aviso, a persona que o aparcou nin é representante público, sí familiar, nin está a exercer función pública, (estaba xogando a partida no Vai-Ven).

Repito, é rirse da xente, un abuso de poder, este é un exemplo máis, do que se leva repetindo anos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario