Visitas

lunes, 9 de junio de 2014

Novo PXOM...

Como xa comentara hai varias entradas, quedara en comentar, en canto se expuxera públicamente, o novo PXOM. Xa temos disponible na web do Concello o avance das liñas maestras do mesmo e a súa adaptación á Lei do Solo de Galicia. O mesmo, como se indica na web non é definitivo, nin se poden presentar alegacións ó mesmo, soamente está exposto para que todo o interesado poda velo e informarse, así como presentar propostas para ser estudiadas e si así se decide introducilas...No seguinte enlace podedes visualizar este avance: PINCHA AQUÍ.

PXOM vixente salvo modificacións
A grandes rasgos, e sin analizar en profundidade ou rigurosidade os rasgos porcentuais, por noticias da prensa, o novo PXOM reducirá a superficie de solo urbano nun 13% e o solo rural nun 23,08% e elevará o solo industrial e o dotacional.VER AQUÍ.

Nun principio a Lei do Solo de Galicia e as adaptacións das leis doutras rexións de España, levábanse a cabo para facilita-lo acceso á vivenda dos cidadáns, favorencendo así ó Principio Constitucional do acceso a unha vivenda digna, pois ven, esta actualización do PXOM do Carballiño, dame a impresión de que non vai neste sentido...matizo:

1. Reducindo SOLO URBANO conséguese que o novo sólo urbano se encarezca e con elo se incremente o valor da superficie contruída; con esto, a alternativa que ten aquela persoa que quere acceder a unha vivenda é mercar á xa construída. Actualmente os constructores e bancos teñen bastante vivenda en stock, polo que de non construírse nova vivenda o que se busca é sacar esta de encima. O prezo...pois o que marque o mercado e as necesidade de facer caixa duns e doutros...

2. Reducindo SOLO RURAL URBANIZABLE, aqueles que tiveran unha finca ou herden, si non se atopa dentro das delimitacións, non poderá construí-la súa casa. As fincas que queden enmarcadas na nova delimitación incrementará o valor...pero, por varios casos analizados, a maioría deste solo xa está urbanizado e construído, polo que as novas construccións non van ser posibles, polo que o sector da construcción non se revitalizará...salvo para aqueles que xa tiveran construído a día de hoxe, exactamente igual ca no solo urbán.

3. O incremeno do SOLO INDUSTRIAL non obedece na miña opinión a unha necesidade manifesta ou demanda do mesmo. Non sei qué tipo de interese existe para extender o solo industrial por detrás de Seoane, salvo pola "legalización" que se indica dalgunhas empresas no artigo da Región, eso sí, deixando outras ó lado sin legalizar...sospeitoso cando menos.

4. Por último, increméntase o SOLO DOTACIONAL, pero de forma desperdigada e sin indicar o futuro uso ou intencionalidade para eses espacios.

A groso modo limítase o crecemento cara o norte e valórase máis positivamente cara o sur, favorecido elo pola pretendida circunvalación que iría desde o supermercado DIA, ó instituto nº1 e de alí ata o antigo matadoiro do Carrás, unindo finalmente coa parte de atrás do Espiñedo e ata o Balneario, circunvalación que favorecería unha mellor regulación do tráfico urbano.

Antigo matadoiro con entrada do parque no novo Plan

Zona nova circunvalación
Zona IES nº1-Ambulatorio
Carrás no Plan do 99
Novas zonas verdes e dotacionais
Antiga área de reparto e urbanización
Circunvalación do antigo PXOM
Dunha visual superficial, e como digo, sin entrar en profundidade porque elo requeriría dun tempo do que non dispoño, pero seguro que por zonas e afectados se podería xuntar unha boa documentación coa que chegar a conclusións, paréceme chamativos determinados casos:

- O reparto de zonas verdes rodeando edificacións por construir como na continuación da rúa de Correos ata o Casablanca, ou na zona da vía do tren en torno ós Catro Camiños ou na paralela á Avenida a modo de circunvalación, favorecen a uns propietarios e perxudican a outros ó non pechar a mazá ou delimitar como dotacional un solo sin especifica-la intencionalidade ou fundamento da súa creación.

Continuación Correos con nuevas áreas verdes
Faustino Santalices con cruce Casablanca
- Outro punto que me chama a atención é a delimitación das alturas dos edificios a construir. Poño por caso o tramo final de Alexandre Bóveda cara o Ambulatorio, onde se determina unha altura B+4, entre uns terreos destinados a vivendas unifamiliares de parcelas mínimas de 250 metros e zonas verdes do Carrás. 

Nova proposta para a rúa Principal
Non me parece coherente cando no resto da rúa é de B+2. O mesmo sucede na carretera de Ribadavia, cunha marxe de B+4 e outra B+3, ou incluso na carretera de Señorín, onde se unen o nucleo urbano e o rural e se pasa de vivendas de B+3 a unifamiliares sin paso previo, cando debera ser descendente cun B+2 como sucede en Alexandre Bóveda. 

Modificación sobre o Plan do 99
Sospeitoso me parece tamén este caso no entorno da Rúa Principal e a Alameda, donde do lado da Alameda sería B+5 e do outro B+3, beneficiando a uns e perxudicando a outros xunto cunha visualización extraña do urbanismo ó haber unha diferencia considerable de alturas; eu creo que neste caso o máis normal sería ou todos B+3, ou todos B+4, según as alturas dos edificios contruídos, excluíndo os pendentes de execución ou sentencia e non para legalizar algún deles...

Cementerio
- Beneficioso me parece a previsión de amplilación do Cementerio cunha zona civil, independente do Clero, algo imprescindible tendo en conta a xente que se declara atea ou doutra relixión, e que a día de hoxe non se poden conxugar as súas creencias coas súas necesidades trala súa morte; elo conxugado cun novo acceso ó cementerio por un novo vial a abrir co zona de aparcamento máis cómoda e menos perigosa que a actual.

- En canto ó que sucede no rural, non me gusta tampouco os plantexamentos que se fan, toda vez que os nucleos tradicionais exclúen a vivendas que sí forman parte destes -reducindo os porcentaxes de solo de consolidación e extensión do nucleo- e extenden os mesmos a zonas xa construídas e escasas de sólo con posibilidades de construcción, seguindo moitas veces o crecemento antinatura dos últimos anos. Por exemplo, no caso de O Torrón e Centeás.

Torrón-Centeás
Perdoade si poño de manifesto máis casos da zona sur que da norte, pero é a que máis coñezo. Estou aberto a recibir comentarios e novos exemplos para tratalos; polo de pronto, nada máis, que cada un indague sobre os propietarios, beneficiados e perxudicados de cada zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario