Atención a tódolos carballiñeses, ¡¡ábrese o mercado de fichaxes políticos!! como si dos equipos de primeira división se tratara, os partidos políticos comezan a perfilar os seus equipos para disputar os play-offs o vindeiro maio.
Unha vez máis, toda a inxeñería públicista dos partidos comezan a tratar de captar a nosa atención, un despertar da nosa anestesiada rutina cara o interese, u desinterese, según se mire, polo público. Certo é que somos nós quenes decidimos quen nos representa, pero polo menos eses por quen votamos deberían reunir uns requisitos e condicións de dedicación, cunhas claras e definidas incompatibilidades. Son dos que creo que o servicio político é un servicio público...sí, así o penso, pese a que a maioría dos políticos, que así tamén o creen, non o exercen, ou exérceno de forma secundaria...debemos romper coa idea de que o político se mete na política para medrar socialmente, enriquecerse a costa do seu cargo, debemos creer que o político está onde está para representarnos, para transmitir ó máis alto estamento as nosas inquedanzas, sin responder ante directrices das direccións dos partidos, de secretarios ou de calquera que non sexan aqueles mais que os propios que o lexitimaron. Non ha lugar á toma de decisións propias, as decisións son do pobo e hoxe en día os medios para eso están ahí, desde aquí unha vez máis apelo á Gobernanza desde a base da propia gobernanza.
En Carballiño a día de hoxe, eu, cidadán de a pe, percibo un profundo descontento e unha gran resignación de cara ós políticos locais; actualmente, na rúa, percíbese o mesmo que cando Pachi entrou no Goberno local. Daquelas existía un descontento xeneralizado cara o PP, cara o que habían feito, acusábaselles de meter a moita xente nos postos do Concello...¿qué leva feito o PSOE nestes anos?, ademáis de importantes melloras, tamén leva "colocado" a moita xente. Entendible, sí, idea compartible, non. Non creo que sexa o máis adecuado porque todo desgasta, o Concello en moitos departamentos non funciona e así mo transmite moita xente charlando desto e ollo, trato de ser obxectivo e deixar falar a quen quere opinar sen condiciona-la conversación. Non sei se os propios representantes tratan de facer o mesmo con terceiras personas non afines, pero entendo que é algo complicado, porque quen máis quen menos os coñece...
E neste recoñecemento do personaxe onde entra en xogo a renovación política, o mercadeo de fichaxes. Ante un desgaste como o descrito, unha limpeza é moi difícil de levar a cabo e máis nos momentos actuais, o que por ende, oblíganos a facelo: 1º ó pobo nas urnas e 2º ós representantes elexidos. Desgraciadamente, a outra sensación e a frase máis repetida entre os consultados é que as opcións tampouco son moi boas...
Empezarei polo Psoe, actual partido con máis votos, 3814 no 2007. Montes retírase, agotado tras catro complicados anos nos que gobernou primeiro remando só contra os ventos que soplaban en contra do BNG e do PP. Ahora presentan como candidato a Francisco Fumega, elexido pola maioría dos simpatizantes ó parecer, pero o certo é que no pobo a sensación é que, sendo boa xente é un alfil máis de quen todos sabemos. Esa é a larga sombra que acompañará catro anos máis ó candidato socialista dáme a min toda vez que non se acaba de romper co "Pachismo", o cal, non foi malo hasta ahora, pois, como dixen, non él, senón os seus peóns de partido fixeron as cousas como antes as habían feito os populares. Demasiadas imposicións ou intereses encontrados á hora de elaborar unha lista. A maioría dos nomes supoñen un continuísmo nesa liña e a renovación que claman desde o propio partido, quédase en nada si analizas nome a nome dos que sonan, e incluso os que ascenden na orde numérica...
O PP, con Argimiro como candidato é a incógnita, a cara visible da alternativa, pero a esa alternativa fáltalle o corpo. Con 2486 votos no 2007, a tarea preséntaselle igual de complicada ó candidato popular e igual de larga é a sombra que o acompaña tamén neste caso. Ser fillo de quen é e ocupar o posto que ocupa, así como a súa muller crean certa desconfianza entre a xente de a pé volvémonos a atopar con similares incovintes ós do primeiro partido. Neste caso como digo, nin podemos intuir cales serán as pezas que acompañarán no tableiro a este "Príncipe", porque o de Rey xa o ocuparon no seu día.
O tercerio partido, o BNG, o cal obtivo 2332 votos no 2007, nestes catro anos nin fixo nin desfixo, e entre o pobo, é o fiel reflexo do concepto de galego que hai no exterior, ou había hai tempo, no sabe si sube ou baixa. Ó principio do curso político Amil deixou claro que ou era alcalde ou non apoiaría ó PSOE porque o fixeran nefastamente, é máis, o BNG fartouse a pedir unha auditoría das contas do Concello, tratar de ver cal era a débeda real e a quenes se lles debía, moita guerra diron ata que, dun día para outro, tan amigos, e a gobernar...dirannos que son cousas da política, pero eu digo que son cousas dos políticos, non da política, a nobleza das ideas é a que fai grande a un político e a un partido, as medias verdades, os cambios de opinión repentinos, aquelo de onde dixen digo, digo, diego, non vai co entendemento dos cidadáns. Amil abandona, non sei se desenganado ou defraudado ou apaleado polo propio partido...eu persoalmente seguireino considerando home da casa...pero neste caso, él non leva os pantalóns, nesta casa, vainos levar Áurea.
Nestes comicios haberá que ter en conta a abstención que se poida dar debido ó escenario exposto, á crise económica, etc. Toda abstención que supere o 45% e sexa similar ó 50% como en Portugal a semana pasada, considero sería peor para os partidos de esquerdas por unha posible perda de apoio, aunque si se mantén, de manterse a palpable perda e apoio, tamén podería supoñer un retorno ás urnas dos votantes de dereitas que se abstiveran anteriormente...
Complicado de todas formas de predecir e complicado o ten o PP, pois nun escenario imaxinario de que os partidos de esquerdas perderan incluso 1000 votos a diferencia aínda se decantaría do seu lado nunha posible unión.
Personalmente, como dixo no seu día Amil, unha posible unión deberíana deixar clara á cidadanía de forma clara e non 24 horas antes, aínda que sepan que poida ser perxudicial...sería máis sensato de cara ós votantes desde o meu punto de vista, e sería o escenario no que a votación sería consecuente con sentir actual.
¿Quen quere seguir chupando do teto?
A miña porra: PSOE 8, PP 6, BNG 3. E todo seguirá prácticamente igual...
ResponderEliminarAínda sendo diferente seguirá igual ó parecer, sólo unha participación máis alta do electorado de dereitas, e un desencanto de parte da esquerda alto, non indo votar ou cambiando inclusive, faría posible a alternancia política...
ResponderEliminarO tema sería: 9PP-6Psoe-2BNG
Difícil como digo...
o PSOE manda no carballiño e oxala siga así durante anos penso que as cousas estanse levando ben en todos os aspectos, sobre todo estou asombrado en Turismo o cal recaudou moitos fondos este ano no Carballiño na festa do pulpo, mundial etc, se sigue todo asi carballiño ira por bo camiño. Non ten nada que ver este malestar de hoxe en dia co de as anteriores eleccions ou mesmo na epoca de Pachi, hoxe en dia a maioria das persoas deixarian as cousas como estan e vaise reflexar nos votos das proximas eleccions, estou co primeiro comentario. saudos
ResponderEliminarEuladio
Recaudado por Turismo???? ou recaudado polos hosteleiros???? jajaja, seguro que si lle preguntas a Paco Potas pola festa do pulpo e o seu catering, está dacordo contigo...
ResponderEliminar